Publicador de contidos
Publicador de contidos

O museo de Anfaco explica a historia das vilas ligadas á industria conserveira

O museo de Anfaco explica a historia das vilas ligadas á industria conserveira

Axiña vai abrir unha galería virtual onde amosar un amplo catálogo das pezas dos fondos do museo

G24.gal 10/10/2023 22:03

Non se pode entender a historia de moitas vilas mariñeiras galegas sen a industria conserveira. Un bo sitio para mergullarse nese pasado é o Museo de Anfaco, no Campus de Vigo. O centro prepara unha mostra en liña dos seu fondos, ao tempo que busca unha localización máis céntrica na cidade.

Os membros do instituto de estudos vigueses e do programa de maiores da universidade de Vigo fixeron unha visita guiada. Tiveron unha boa ocasión de aprender secretos dunha industria vital para a cidade.

Por cuestión de espazo o centro só expón unha pequena escolma dos milleiros de pezas do seu arquivo. Por iso buscan trasladarse a unha localización que ben puidera ser unha antiga factoría.

Emprendedores cataláns, na súa maioría, deron pulo a unha industria que transformou por completo o sector pesqueiro tradicional. 

Axiña vai abrir unha galería virtual en que amosar un amplo catálogo das pezas que compoñen os fondos do museo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar