Publicador de contidos
Publicador de contidos

O número de viaxes no transporte público galego triplicouse entre 2021 e 2022

O número de viaxes no transporte público galego triplicouse entre 2021 e 2022

O vicepresidente primeiro da Xunta destaca o aumento do uso da tarxeta Xente Nova, que duplicou o número de beneficiarios

G24.gal 06/07/2023 14:49

Dende que en 2016 se impulsou a transformación do transporte público de Galicia, as cifras non deixaron de medrar. Hoxe hai 3.500 liñas de autobús, 54.000 paradas e préstanse 2,3 millóns de servizos anuais.

O Goberno galego avaliou hoxe unha memoria que recolle as cifras dende xullo do ano 2021 ao 22, un período en que o número de viaxes no transporte público autonómico medrou un 33 por cento.

"Realízaronse sete millóns de viaxes máis, ata acadar os 28 millóns de viaxes no transporte público de Galicia. O uso da tarxeta Xente Nova, que permite aos menores de 21 anos viaxar de balde, se duplicou ata superar os 4,3 millóns de viaxes", explicou o vicepresidente primeiro da Xunta.

Amais nese ano creáronse 116 novas liñas de bus e incrementouse o uso do autobús escolar compartido, que multiplicou por oito o número de usuarios.

Este balance é previo á bonificación do 50 por cento do transporte interurbano, polo que o Goberno galego estima que os datos de usuarios deste ano superarán estas cifras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos