Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Nadal chega á Cidade da Cultura

O Nadal chega á Cidade da Cultura

Xa se pode visitar o Marabilloso Camiño de Inverno

O Marabilloso Camiño de Inverno é obra de Ana Inés Jabares-Pita O Marabilloso Camiño de Inverno é obra de Ana Inés Jabares-Pita
G24.gal 17/12/2021 20:57

O Nadal tamén chega á Cidade da Cultura de Santiago e faino co Marabilloso Camiño de Inverno.

É unha instalación que transporta á Ruta Xacobea, atravesando un bosque de luz poboado por globos de neve que conteñen no seu interior paisaxes, monumentos e cidades emblemáticas do Camiño.

Inaugurouse esta tarde co tradicional prendido das luces da árbore de Nadal ao que asistiu o conselleiro de Cultura.

O marabilloso Camiño de Inverno é obra da deseñadora galega Ana Inés Jabares-Pita, premiada como unha das mellores escenógrafas do Reino Unido. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar