O 'narcobaixo' do Ventorrillo trasládase a 150 metros do anterior
O 'narcobaixo' do Ventorrillo trasládase a 150 metros do anterior
Os veciños aseguran que son os mesmos que estaban na rúa Mosteiro de Bergondo
A semana que ven farán unha manifestación para expulsalos
Semella que os ocupantes do narcobaixo desaloxado o luns na rúa Mosteiro de Bergondo, no Ventorrillo, xa teñen novo domicilio. Os veciños e comerciantes aseguran que se mudaron a un local da rúa Antonio Pedreira Ríos, a escasos 150 metros do anterior local e xusto fronte a un colexio e unha gardería.
Os veciños aseguran que sempre hai problemas con estes ocupas e están cansados din que son os mesmos de Mosteiro de Bergondo e que só se moveron dúas rúas. Din que hai moitos roubos e moita delincuencia e que aquí a carón dos colexios non da moi boa imaxe.
Segundo apuntan os veciños, ao día seguinte do desaloxo de Mosteiro de Bergondo xa estaban durmindo aquí. Puidemos falar cun dos ocupantes; di que leva residindo neste baixo máis de dous meses e asegura non coñecer as tres persoas desaloxadas o luns pasado.
Unha veciña confírmanos que avisou a Policía Municipal o martes para que tapiasen o local, pero sen éxito. Os comerciantes da zona comezaron a organizarse para botalos deste baixo pero están seguros de que saíran de aquí e irán para outro lado.
Di que non quere ser recoñecido por medo a represalias, pero apunta que farán todo o posible para recuperar a normalidade no barrio.