O Noia acada unha vitoria de prestixio diante do histórico Inter (6-3)

Este resultado permítelle coller catro puntos de marxe sobre o descenso

G24.gal 10/12/2023 14:55

O Noia Portus Apostoli acadou onte unha vitoria histórica. Derrotou no Agustín Mouris nada menos que o Inter Movistar, que esta temporada non está tan arriba como adoita, pero non deixa de ser o buque insignia do fútbol sala español. Por seis a tres venceron os galegos cos goles que levaron a autoría de Power, Pirata, Nico Rosa, Pola e dous de Altamirano. Coa vitoria, o Noia sitúase con catorce puntos, e con catro de vantaxe momentaneamente sobre os postos de descenso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade