Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Noia Portus Apostoli prolonga o seu bo momento de resultados cun empate ante ElPozo

O Noia Portus Apostoli prolonga o seu bo momento de resultados cun empate ante ElPozo

Os galegos aínda non gañaron na casa, pero son os quintos da clasificación

G24.gal 15/10/2022 22:14

O Noia Portus Apostoli segue a facer historia na súa estrea na máxima categoría. Desta volta, sacou un empate diante de todo un histórico como ElPozo Murcia, que non atravesa o seu mellor momento e sacou a cabeza do descenso co punto. Os de Marlon Velasco aínda non gañaron diante do seu público, pero deron remontado o gol inicial dos murcianos, obra de Gadeia.

Os dous goles do Noia levaron a sinatura de Bruno Gomes. Co marcador a favor, o equipo galego afrontou a segunda metade, na que un gol de Marcel significou a igualada final. O Noia Portus Apostoli queda na quinta praza da primeira división.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar