Cargando resultados...
O Obradoiro busca, sen éxito, un substituto para Dragan Bender
José Luis Mateo, director xeral: "O mercado está complicado. Ímolo seguir intentando"
G24.gal
11/01/2023 13:10
Última actualización 11/01/2023 13:15
O Obradoiro demostrou ser un equipo solidario en colaboración con Gadis. Os 165 puntos que se anotaron no Obradoiro-Joventut do pasado 17 de decembro traducíronse en 825 quilos de alimentos e produtos de hixiene para o Albergue Xoán XXIII.
Esta mañá, o Obradoiro botou man dos seus xogadores máis grandes, Rubén Guerrero e Marek Blazevic, para facer entrega dos produtos. Nese xogo interior, o Obradoiro segue na procura dun home que substitúa o mancado Bender. De momento, non atoparon o que buscan.
José Luis Mateo, director xeral: "O mercado está complicado. Ímolo seguir intentando. Trataremos de ter unha incorporación que mellore o equipo".