Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro, obrigado a gañar todo e esperar tropezos dos seus rivais

O Obradoiro, obrigado a gañar todo e esperar tropezos dos seus rivais

O equipo santiagués necesita gañar os seus dous partidos e esperar que Granada perda nalgún dos seus enfrontamentos

G24.gal 06/05/2024 15:50 Última actualización 06/05/2024 15:57

A pesar do seu importante triunfo ante o MoraBanc Andorra, o Monbus Obradoiro segue ocupando o último posto de descenso a Leb Ouro e é o único dos involucrados na pelexa pola permanencia que non pode certificar a súa permanencia matemática na penúltima xornada da liga Endesa.

Prexudicado polos triunfos de Río Breogán, Zaragoza e Básquet Xirona, o equipo dirixido por Moncho Fernández quedou sen marxe de erro na carreira pola permanencia a falta de dúas xornadas para o final do curso ligueiro.

O Obradoiro está igualado na clasificación co Coviran Granada pero ten perdido o basket-average particular. Por diante, ao único equipo que podería alcanzar é ao Breogán, que certificará a súa permanencia de maneira matemática en caso de derrotar o vindeiro venres ao Andorra.

Por iso, o equipo santiagués necesita gañar os seus dous partidos e esperar que Granada perda nalgún dos seus enfrontamentos contra Zaragoza e Gran Canaria.

A outra opción, menos probable, é que gañe un dos seus partidos -Palencia e Joventut-, que o Breogán perde nas últimas dúas xornadas -Andorra en casa e UCAM Murcia fose- e que o Granada gañe os dous encontros que lle restan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade