Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Obradoiro recupera a Janis Timma para o partido ante o Morabanc Andorra

O Obradoiro recupera a Janis Timma para o partido ante o Morabanc Andorra

Timma, fichado a mediados de febreiro do Darüşşafaka Basketbol de Turquía, converteuse nun dos fixos no sistema de Moncho Fernández

G24.gal 01/05/2024 12:28 Última actualización 01/05/2024 12:43

O adestrador do Monbus Obradoiro, Moncho Fernández, xa ten á súa disposición a Janis Timma, ao que poderá aliñar no importante encontro deste sábado contra o MoraBanc Andorra no Multiúsos Fontes do Sar. O internacional letón empezou a adestrar co grupo tras superar as molestias nas costas que lle impediron xogar os últimos dous partidos ligueiros contra Bilbao Basket e Real Madrid.

Timma, fichado a mediados de febreiro do Darüşşafaka Basketbol de Turquía, converteuse nun dos fixos no sistema de Moncho Fernández. Nos seis partidos que xogou na liga Endesa coa camiseta do Obradoiro, promediou 9,5 puntos, 4,8 rebotes e 2,8 asistencias para unha valoración de 9,8.

O técnico santiagués tamén está pendente da evolución do pivote Rubén Guerrero, que non puido finalizar o partido contra o Real Madrid tras recibir un forte golpe no nariz. O internacional español está a adestrar cunha máscara protectora para protexer a zona.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade