Publicador de contidos
Publicador de contidos

O oso estraga por completo as oito colmeas dunha explotación apícola da Fonsagrada

O oso estraga por completo as oito colmeas dunha explotación apícola da Fonsagrada

É o segundo ano que o animal ataca o mesmo apiario, situado na parroquia de Monteseiro

Félix Aragunde 05/07/2024 13:59

Unha veciña da Fonsagrada denuncia que o oso lle esnaquizou por completo a súa explotación apícola, situada en Lameán, na parroquia de Monteseiro. Nela tiña oito colmeas, das que extraía mel para o seu propio consumo.

A apicultora quedou, por tanto, sen a produción deste ano. Crese que os danos foron provocados polo oso non nunha ocasión, senón ao longo de varias visitas nunha mesma semana.

Non é a primeira vez que esta explotación apícola de Lameán é atacada polo oso. O ano pasado xa sufrira outro ataque, tal como relata o único veciño do lugar.

Ademais de devorar os panais das colmeas, valoradas en máis de 2.000 euros, o oso pardo deixou as súas deposicións ao pé da aldea. Aínda con restos de cera, tamén dan boa conta da progresiva recuperación desta especie protexida, que leva meses causando estragos na montaña lucense.

Ao pé do apiario apareceron varios excrementos de oso pardo Ao pé do apiario apareceron varios excrementos de oso pardo
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade