Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ourensán Alejandro Blanco derrocha optimismo a uns días dos Xogos

O ourensán Alejandro Blanco derrocha optimismo a uns días dos Xogos

O presidente do Comité Olímpico Español fala dun "cambio de mentalidade" na ambición dos deportistas que presenta a delegación española

G24.gal 22/07/2024 21:49

Estamos xa na semana en que arrancan os Xogos Olímpicos de París. Este venres día 26 será a cerimonia inaugural no río Sena. O presidente do Comité Olímpico Español, o ourensán Alejandro Blanco, percibe no equipo olímpico un ambiente de moito optimismo cara á cita parisiense.

"Nunca vin un ambiente coma este. Agora os nosos deportistas saen a gañar", comentou Blanco sobre o cambio de mentalidade dos deportistas españois. Tamén se referiu a aqueles atletas que "van rematar en París a súa traxectoria, e algún deles vai sacar medalla, seguro".

Alejandro Blanco non quixo esquecer a figura de Teresa Portela, que participará nos seus sétimos xogos: "Non sei cando o vai deixar, ela é a que tira do K4. Está nun momento de forma perfecto".

Para o presidente do COE os dous K4 500 españois, con catro padexeiros galegos, teñen moitas opcións de sacar medalla. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade