Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Ourense C. F. perdoa en Amorebieta e volve perder (2-0)

O Ourense C. F. perdoa en Amorebieta e volve perder (2-0)

Os das Burgas estragaron un penalti e outro par de ocasións nas botas de Gonzalo di Renzo

Álvaro Marín e Ben Hamed asinaron os goles locais

G24.gal 22/09/2024 14:05

O Ourense Club de Fútbol terá que seguir agardando pola súa primeira vitoria na Primeira Federación. A visita a Amorebieta, acabado de descender pero que tampouco gañara aínda, non parecía a máis indicada, pero os de Rubén Domínguez saíron mellor co rival, e gozaron de tres boas ocasións nas botas de Gonzalo Di Renzo. A mellor foi un penalti que lle detivo Unai.

Logo de gozar dun par de boas ocasións con intervencións de mérito de Marqueta, chegou o primeiro gol local. Anotaba Álvaro Marín aproveitando un pase en profundidade. O resultado ao descanso non reflectía os merecementos dos dous equipos pero, xusto á volta dos vestiarios, chegaba a acción do partido. Un auténtico golazo de Ben Hamed, que marcaba por toda a escuadra desde 35 metros, sen que puidese facer nada Marqueta. Un 2-0 que deixou fríos aos galegos.

Quedaban moitos minutos, e o Ourense foi quen de crear algunha boa ocasión, como unha cabezada de Di Renzo ou outro remate desviado de Álex Gil. Pero o resultado xa non se moveu, e o Ourense segue agardando por esa primeira vitoria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar