Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Oviedo corta a serie triunfal do Leyma Coruña

O Oviedo corta a serie triunfal do Leyma Coruña

G24.gal 21/11/2021 23:53

Hai días en que non sae absolutamente nada. O Leyma semellou unha caricatura do equipo que acumulou seis éxitos seguidos. Viuse afogado por un excelente Oviedo e tamén pola súa nula eficacia no lanzamento. O tres de 18 en triplas é ben significativo. Pésima porcentaxe dun equipo que acostuma a exhibir moito mellores números.

O Oviedo de Natxo Lezkano demostrou ser un equipo sólido, ben traballado, e merece ser incluído no grupo de aspirantes a todo. En Riazor foi manexando o partido co acerto dos seus exteriores, Frey, autor de cinco triplas, e Xavier, e coa veterania de Oliver Arteaga preto do aro. Arteaga mellorou a achega da estrela do Leyma Nick Ward, que anotou 15 puntos pero non tivo incidencia no partido.

O segundo tempo foi manexado polos asturianos con diferenzas próximas á vintena. O Leyma recibiu un serio aviso con esta contundente derrota. O camiño do ascenso non vai estar exento de pedras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos