Publicador de contidos
Publicador de contidos

O PAM do Náutico de Vigo só fará PCR con prescrición médica

O PAM do Náutico de Vigo só fará PCR con prescrición médica

Queren evitar as longas ringleiras e as incomodidades aos usuarios 

G24.gal 28/12/2021 18:49

A partir de mañá, o Punto de Atención Móbil que o Sergas mantén instalado fronte o RC Náutico de Vigo só realizará PCR a persoas que teñan prescrición médica para evitar as longas ringleiras e as incomodidades dos últimos días.

Os que queiran realizar un test de saliva ou antíxenos deberán acudir aos puntos situados nas estación de tren de Vialia e Guixar, onde só atenderán sen cita previa os pasaxeiros que presenten un billete de tren. O resto deberá solicitar unha autocita a través da web da área sanitaria de Vigo. (https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx)

Os días 31 de decembro e 1 e 6 de xaneiro estes puntos só abrirán en horario de mañá. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade