Cargando resultados...
O Panteón Real de Compostela, onde dormen o soño eterno raíñas e reis de Galicia
O Panteón Real de Compostela, onde dormen o soño eterno raíñas e reis de Galicia
Está nunha capela da catedral, xunto ao máis coñecido Retablo das Reliquias
G24.gal
14/09/2024 15:30
Última actualización 13/09/2024 21:46
Na catedral de Santiago hai enterrados reis e raíñas de Galicia. Pódense ver no Panteón Real, un recuncho do templo que aínda é bastante descoñecido. Contén seis sepulcros que falan de cando Galicia era reino e de cando Compostela viviu a súa época dourada e comezou a abrirse ao mundo.