Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa anula a súa axenda este luns por unha "leve gripe" a catro días da súa viaxe a Bélxica e Luxemburgo

O papa anula a súa axenda este luns por unha "leve gripe" a catro días da súa viaxe a Bélxica e Luxemburgo

Está previsto que Francisco chegue a Luxemburgo o 26 de setembro pola mañá

Imaxe de arquivo do Papa Francisco (Reuters) Imaxe de arquivo do Papa Francisco (Reuters)
G24.gal 23/09/2024 09:16

O papa anulou os compromisos da súa axenda previstos para este luns por unha "leve gripe" e como medida de precaución perante a viaxe do xoves a Bélxica e Luxemburgo, segundo anunciou a oficina de prensa do Vaticano nun comunicado.

"Debido a un leve ataque de gripe, e como medida de precaución perante a viaxe dos próximos días, cancélanse as audiencias papais previstas para hoxe", lese no conciso comunicado de prensa.

Está previsto que Francisco chegue a Luxemburgo o 26 de setembro pola mañá, tras dúas horas de voo, onde se reunirá como é habitual coas autoridades do país. Pola tarde, ás 16:30 horas, o pontífice pronunciará o seu segundo discurso diante da comunidade católica na catedral luxemburguesa de Notre-Dáme.

O pontífice viaxará ás 18:15 a Bruxelas, onde aterrará ás 19:10. Alí permanecerá ata o domingo 29 de setembro, cando poñerá fin a esta visita cunha misa ás 10 da mañá no estadio Rei Balduíno. A aterraxe no aeroporto internacional de Roma - Fiumicino está prevista para as 14:55 horas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade