Cargando resultados...
O Papa chama aos católicos en Indonesia a "percorrer confiados o camiño do diálogo"
O Papa chama aos católicos en Indonesia a "percorrer confiados o camiño do diálogo"
Francisco asinou unha declaración co grande imán indonesio
Papúa Nova Guinea é o seguinte destino da viaxe papal por Asia e Oceanía
Francisco despediuse de Xakarta cunha misa ante 70.000 fieis
G24.gal
05/09/2024 21:02
Última actualización 05/09/2024 21:08
O Papa pecha a primeira etapa da súa viaxe a Asia e Oceanía cunha multitidinaria misa en Xakarta. No oficio relixioso, Francisco chamou aos oito millóns de católicos de Indonesia a "percorrer confiados o camiño do diálogo e a ser construtores de unidade e de paz".
A relixión maioritaria en Indonesia é o islam. O Papa asinou unha declaración co grande imán na que instan os representantes das relixións a resolveren as que sinalaron como as dúas crises máis graves, que son a deshumanización e o cambio climático
A seguinte parada da viaxe papal será Papúa Nova Guinea, xa en Oceanía.