Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco denuncia o consumo de alcol e de drogas nas poboacións indíxenas

O papa Francisco denuncia o consumo de alcol e de drogas nas poboacións indíxenas

O pontífice visitou Vanimo, en Papúa Nova Guinea, unha das maiores selvas tropicais do mundo ameazada pola deforestación

O papa cun sombreiro tradicional en Papúa Nova Guinea. REUTERS/Guglielmo Mangiapane
G24.gal 08/09/2024 14:20 Última actualización 08/09/2024 14:31

O papa Francisco visitou Vanimo, en Papúa Nova Guinea, unha das maiores selvas tropicais do mundo ameazada pola deforestación e a avaricia das empresas extractoras, e onde traballan misioneiros arxentinos desde hai décadas.

O pontífice saudou as máis de 21.000 persoas presentes na explanada da igrexa de Vanimo e recibiu como agasallo un sombreiro tradicional feito a man por unha das tribos.

No seu discurso, Francisco denunciou o consumo de alcol e drogas nas poboacións indíxenas. Francisco entregou aquí oito maletas con medicinas para os rapaces e os misioneiros, algúns deles amigos do Papa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade