Cargando resultados...
O papa Francisco recibe a humoristas de todo o mundo
O papa Francisco recibe a humoristas de todo o mundo
Cristina Castaño, a representación galega no acto
G24.gal
14/06/2024 14:42
A actriz galega Cristina Castaño estaba entre os 100 artistas e humoristas de 15 países que foron recibidos na Vaticano polo Papa Francico. Tamén estiveron outras tres actrices españolas e recoñecidos humoristas internacionais como Jimmy Fallon ou Whoopi Goldberg.
O papa reivindicou o papel dos comediantes e manifestou que se pode rir de todo, tamén de Deus, pero sen ofender os sentimentos dos crentes. Destacou dúas capacidades dos humoristas: denunciar problemas sen alarmismos e facer rir á xente ante os problemas grandes da vida, unhas mensaxes que tiveron grande acollida entre os artistas.