Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa non preside a misa de fin de ano pero si pronuncia a homilía

O papa non preside a misa de fin de ano pero si pronuncia a homilía

Francisco permaneceu sentado durante a maior parte do oficio litúrxico

G24.gal 01/01/2022 11:48

E no Vaticano chamou a atención o feito de que o Papa non presidise os actos de fin de ano.

Francisco, que acaba de cumprir 85 anos, non presidiu os oficios litúrxicos do Te Deum en acción de grazas polo ano que rematou, aínda que estivo presente durante a celebración na basílica de San Pedro. 

Estivo case todo o tempo sentado nun banco, pero o Papa si que pronunciou a homilía. Fontes do Vaticano sinalaron que Francisco quixo que a celebración deste venres estivese presidida polo cardeal Re.

O ano pasado, a causa dunha ciática, o pontífice tampouco puidera celebrar a misa de fin 
de ano nin tampouco a primeira celebración do 2021.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade