Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco denuncia a violencia contra as mulleres na homilía da misa de Aninovo

O papa Francisco denuncia a violencia contra as mulleres na homilía da misa de Aninovo

Reclama máis espazo feminino na Igrexa

G24.gal 01/01/2024 13:55 Última actualización 01/01/2024 19:44

Ante unhas sete mil persoas congregadas na basílica de San Pedro, o papa Francisco chamou a Igrexa católica a redescubrir o seu rostro feminino e a darlles máis espazo ás mulleres dentro da institución.

O pontífice esixiu que sexan respectadas e protexidas en todas as sociedades, e denunciou calquera tipo de violencia contra as mulleres.

"Toda sociedade precisa acoller o don da muller, de cada muller. Hai que respectalas, coidalas e valoralas. E ter moi claro que quen magoa unha soa muller está profanando a Deus, nacido dunha muller".

Francisco reivindicou a figura da Virxe María como nai protectora para unir sociedades e acabar coas guerras. Nunha homilía moi pegada á actualidade, o papa alertou do perigo que pode supor a intelixencia artificial se non se fai un uso responsable dela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade