Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa Francisco renuncia a ler o seu discurso deste sábado por motivos de saúde

O papa Francisco renuncia a ler o seu discurso deste sábado por motivos de saúde

Recibiu o persoal do hospital pediátrico vaticano Bambino Gesù, doentes e familiares

O pontífice saudando as familias
G24.gal 16/03/2024 12:16 Última actualización 16/03/2024 14:37

O papa Francisco recibiu este sábado o persoal e pacientes do hospital pediátrico vaticano Bambino Gesù e, malia non poder ler o seu discurso por un arrefriado, saudou persoalmente as familias presentes, algunhas delas chegadas de Ucraína e Gaza por motivos humanitarios.

"Alégrome de velos. Non me recuperei e por iso non podo ler ben a miña mensaxe. Farao monseñor Ciampanelli. Grazas", explicou ao comezo da audiencia na aula Paulo VI do Vaticano.

Non é a primeira vez que o papa ten que renunciar á lectura do seu discurso e nos últimos días aludiu á persistencia dun "arrefriado".

Unha vez lida a súa mensaxe, o pontífice achegouse ao público na cadeira de rodas que usa nos últimos tempos polos seus coñecidos problemas de mobilidade.

Deste xeito, puido saudar o persoal do Bambino Gesù, un dos hospitais pediátricos de referencia en Europa que este ano celebra os seus cen anos como propiedade da Santa Sé.

Tamén bendixo as persoas doentes e as súas familias, e mesmo asinou autógrafos escribindo a letra "F" sobre o papel.

O papa Francisco este sábado O papa Francisco este sábado
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade