Publicador de contidos
Publicador de contidos

O papa visita Venecia na súa primeira saída do Vaticano en sete meses

O papa visita Venecia na súa primeira saída do Vaticano en sete meses

Reúnese con reclusas, mozos e artistas e preside unha misa multitudinaria

G24.gal 28/04/2024 20:37 Última actualización 28/04/2024 20:49

A primeira parada de Francisco en Venecia foi un cárcere de mulleres. O pontífice defendeu que as prisións deben ofrecer espazos de crecemento que favorezan a reinserción. Dixo que todos cometemos erros que hai que perdoar e temos feridas que sandar. El tamén.

O Vaticano montou na capela desta prisión, en colaboración coas reclusas, o seu pavillón para a Bienal de Arte. Francisco subliñou que o mundo necesita artistas e describiu a arte coma un refuxio contra as absurdezas.

Logo desprazouse en lancha ata as portas da igrexa de Santa María da Saúde, onde o esperaban centos de mozos, aos que Francisco aconsellou deixar os móbiles e buscar a xente.

O pontífice presidiu a continuación unha misa ante máis de 10.000 fieis na praza de San Marcos. Na homilía denunciou as ameazas que sofre Venecia polo cambio climático e o turismo de masas e pediu por todos os pobos que sofren violencia e guerras.

Foi unha visita de só cinco horas e a súa primeira saída do Vaticano en sete meses.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade