O Parlamento Europeo exixe o dereito a levar gratis a equipaxe de man
O Parlamento Europeo exixe o dereito a levar gratis a equipaxe de man
Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea xa amparaba a gratuidade
Unha resolución exixe que se poña en práctica para garantir os dereitos dos viaxeiros
Unha sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea considera que a equipaxe de man non debe estar suxeita a custos adicionais. Agora a Comisión de Peticións da Eurocámara esixe que se leve á práctica, algo que en moitos casos non ocorre.
Solicítase á Comisión Europea que desenvolva unha normativa para toda a Unión. Un elemento clave é establecer uns estándares en canto a medidas e peso para evitar custos ocultos. Mesmo ás veces impoñen multas aos pasaxeiros que se negan a pagalos. As organizacións de consumidores recomendan denunciar.
Asegurar unha información transparente é outro dos puntos dunha resolución moi positiva para os usuarios. A resolución, aprobada por unanimidade, será votada o vindeiro mes de outubro no pleno de Estrasburgo.