O Parlamento vota o protocolo do 'brexit' para Irlanda do Norte
O Parlamento vota o protocolo do 'brexit' para Irlanda do Norte
O resultado da votación podería ter importantes consecuencias para Boris Johnson
A lei modifica e suspende aspectos fundamentais do tratado do brexit
No Reino Unido, o goberno de Boris Johnson afronta hoxe a primeira votación da lei que pretende suspender unilateralmente o protocolo de Irlanda do Norte, un dos puntos máis conflitivos do brexit.
O resultado desta votación podería ter importantes consecuencias para o primeiro ministro.
Unha derrota nesta votación significaría un novo e duro revés para Boris Johnson que busca con esta lei contentar a parte máis conservadora e euroescéptica do seu partido e o único apoio claro que Johnson ten nestes momentos.
A lei modifica e suspende aspectos fundamentais do tratado do brexit e busca acabar de forma unilateral co protocolo de Irlanda do Norte creado para non pór en risco o tratado de paz de 1998.
A votación servirá sobre todo para saber en que medida os deputados conservadores máis moderados apoian a Johnson, xa que moitos expresaron que se senten incómodos indo en contra dun tratado internacional asinado polo propio Goberno británico.