Publicador de contidos
Publicador de contidos

Galicia, terceira comunidade onde máis baixa o paro en marzo

Galicia, terceira comunidade onde máis baixa o paro en marzo

A cifra de desempregados en España cae a 3.108.763 persoas, o nivel máis baixo desde marzo de 2008

A Seguridade Social suma 24.000 afiliados malia o impacto da guerra

G24.gal 04/04/2022 08:46

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego de España baixou en 2.921 desempregados en marzo (-0,09 %), vinte veces menos do que descendeu en igual mes de 2021, cando retrocedeu en 59.149 persoas.

A caída do desemprego en marzo situou a cifra total de desempregados en 3.108.763 persoas, o seu menor nivel nun mes de marzo desde 2008, segundo datos publicados este luns polo Ministerio de Traballo e Economía Social.

O deste ano é o menor descenso da serie. Ata o de agora, érao o de 2013, cando o desemprego se reduciu en 4.979 persoas.

En Galicia o paro baixou algo máis, pero tamén queda nunhas décimas. Reduciuse o desemprego nunhas 1.173 persoas. E o número total de parados rexistrados está en 153.300

Galicia colócase entre as nove comunidades autónomas onde baixou o paro en marzo, coas Canarias á cabeza (-3.381 persoas), seguida das Illas Baleares (-3.014 persoas) e de Galicia. Pola contra, Andalucía (+1.911 persoas), País Vasco (+1.270 persoas) e Aragón (+1.140 persoas) son as comunidades autónomas onde máis subiu o paro o mes pasado.

A Seguridade Social suma 24.000 afiliados en marzo

A Seguridade Social gañou unha media de 140.232 cotizantes no mellor mes de marzo desde 2019 a pesar da guerra en Ucraína.

Con esta repunta de afiliados, o número total de ocupados situouse ao finalizar marzo en 19.834.504 cotizantes, segundo datos do Ministerio de Inclusión. Ademais, asináronse máis de medio millón de contratos indefinidos, o 30 % do total.

A afiliación media á Seguridade Social en Galicia aumentou en 2.311 persoas e sitúase en 1,03 millóns de persoas ocupadas, case un 3 % máis que no mesmo mes de 2021.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade