O paro dos transportistas reduce nun 60 % a chegada do material sanitario
O paro dos transportistas reduce nun 60 % a chegada do material sanitario
Hai preocupación no Sergas, aínda que, polo de agora, garanten a subministración cos stocks almacenados
Hai preocupación no Sergas pola falta de material na sanidade pública. O paro dos transportistas reduciu a chegada de produtos aos almacéns loxísticos nun 60 %. Polo de agora, garanten a subministración cos stocks almacenados
Segundo o conselleiro de Sanidade, ata o día de onte estabamos nese 60 por cento e cun risco, se a situación se mantiña nos próximos días, de ter que reprogramar cuestións tan básicas como analíticas por falta de chegada dos tubos onde se recollen as mostras ou algún material cirúrxico que tivemos que mover entre áreas sanitarias, pero, en todo caso, destacar o enorme papel que a plataforma loxística xogou e está a xogar estes días.