Publicador de contidos
Publicador de contidos

O partido Emevé-Unicaja Almería, aprazado por un positivo no equipo galego

O partido Emevé-Unicaja Almería, aprazado por un positivo no equipo galego

O resto de contactos directos do plantel e o corpo técnico permanecen nos seus domicilios

G24.gal 12/11/2021 14:21

O partido da Superliga masculina de voleibol entre o Emevé e o Unicaja Almería foi aprazado por un positivo por coronavirus no conxunto galego. O club lucense confirmou o positivo e o aprazamento do choque que debía disputarse este sábado ás 17:00 horas.

O resto de contactos directos do plantel e o corpo técnico, todos eles asintomáticos, permanecen nos seus domicilios á espera do pertinente cribado para descartar outros posibles casos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar