O paseo de Bouzas volve sufrir danos por outro temporal
O paseo de Bouzas volve sufrir danos por outro temporal
A borrasca Mónica levantou varias pezas de formigón que se desprenderon ao romper as ancoraxes de ferro
É a segunda vez que sofre estragos logo da súa inauguración en setembro de 2023
Malia estar ao abrigo da ponte e o recheo, o remozado paseo de Bouzas non se salva da imparable forza da auga mariña. A borrasca Mónica deixou pegada na bancada que une o camiño de madeira e o areal. Varias pezas de formigón desprendéronse logo de que romperan as ancoraxes de ferro.
É a segunda vez que sucede despois da súa inauguración en setembro do ano pasado. Unha obra que custou máis de tres millóns de euros e que mudou a faciana do vello paseo marítimo.
Na preamar o último chanzo queda somerxido, daí o verdello que o cobre. A bancada é empregada sobre todo no verán e durante as festas do barrio.