Publicador de contidos
Publicador de contidos

O patrulleiro Atalaya, aberto ás visitas no porto de Laxe

O patrulleiro Atalaya, aberto ás visitas no porto de Laxe

Celebra unha xornada de portas abertas ata as oito desta tarde

O buque fai labores de vixilancia e disuasión nas costas españolas

 

G24.gal 30/08/2023 15:07

Dúas atalaias acaparan a atención hoxe en Laxe. A igrexa da vila e o buque da Armada, que leva o seu nome. Pode visitarse ata as oito desta tarde e son moitos os que se animan a botar un ollo.

"Vimos por dentro como traballan, moi interesante".

"Unha boa sorpresa, para visitar cos nenos, é moi curioso".

"Veño recordar a mili".

"É espectacular, moi bonita a visita", din algúns dos visitantes.

Na ponte de mando, Mateo colle o temón e pregunta onde está o asento do capitán... Mentres, outros visitantes descobren na cuberta o canón e os radares cos que está dotado o patrulleiro. A súa presenza na costa é disuasoria e está centrada na supervisión.

 "Somos 42 persoas a bordo e a nosa misión é facer vixilancia marítima, sobre todo polo estreito de Xibraltar e no mar Cantábrico. Controlamos o tráfico de pesca e que non se fagan actividades ilícitas nas augas territoriais españolas", explica Margarita Hernández, alférez e oficial de seguridade interior no Atalaya.

Fabricado no antigo estaleiro de Bazán e con base en Ferrol, o Atalaya leva tres décadas vixiando a costa española. Hoxe fai unha pequena escala en Laxe, enchendo de curiosos e pintando de gris este colorido porto pesqueiro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade