Publicador de contidos
Publicador de contidos

Alumnos de primaria de Laxe fanse virais tras a súa intervención na gala do Digochiño

Alumnos de primaria de Laxe fanse virais tras a súa intervención na gala do Digochiño

Escolares de cuarto curso fixéronse cun premio cun vídeo sobre o léxico ligado ao mundo do mar

G24.gal 23/05/2024 14:52

Aínda non se repuxeron da euforia de gañar o DigochoEu de Ouro no Día das Letras Galegas. Case unha semana despois, os alumnos do CEIP Cabo de Area de Laxe seguen nunha espiral de sorpresa e entusiasmo despois de se facer virais nas redes sociais pola súa intervención na gala en que recolleron o premio. Din que están encantados de recibir tanto cariño.

"Eu quedei marabillada ao ver tantos colexios que o compartían e tantos docentes reivindicando o papel que temos en que os nenos aprendan e valoren o galego", di Mariña Lema, a profesora.

No vídeo sobre o léxico ligado ao mundo do mar estes escolares chamaron a atención polo seu excelente galego, a simpatía e o xenuíno amor pola lingua.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade