Publicador de contidos
Publicador de contidos

Uns 150 alumnos galegos estudan inglés na Spring week en Mondariz-Balneario

Uns 150 alumnos galegos estudan inglés na Spring week en Mondariz-Balneario

Este programa de inmersión lingüística remata unha das súas nove quendas, nas que 1.450 estudantes en total poden aprender con mestres nativos

G24.gal 27/04/2024 14:27 Última actualización 27/04/2024 15:28

A Spring Week é un programa de inmersión lingüística da Xunta en que participarán 1.450 estudantes de centros públicos galegos das catro provincias. Esta mesma mañá remataba en Mondariz-Balneario unhas das nove quendas. Durante os últimos seis días, os rapaces, en réxime de internado, practicaron o inglés con mestres nativos.  

Despois de seis días xuntos, illados nunha burbulla sen teléfono móbil e onde só se lles permite falar inglés, este grupo de 150 alumnos de terceiro da ESO despídese das instalacións do complexo CEMAR en Mondariz Balneario. 

"Falar. Máis que estar estudando. Falar e ir mellorando e cometendo erros cos profesores", conta Claudia Blanco, alumna de I.E.S Francisco Aguiar de Betanzos.

 "Algunha xente que veu só a pasalo ben porque hai xente que non falaba inglés case nada, pero despois hai xente que si me sorprendeu porque si sabe falar inglés moi ben", explica Tristán Pinies, estudante de I.E.S de Ortigueira. 

Pensando en inglés e mellorando as competencias lingüísticas. A Spring week, a antiga English Week,  ten nove quendas sempre de seis días en réxime de internado entre o 14 de abril e o 15 de xuño. 

"En definitiva, un conxunto de accións que está orientado a potenciar o máximo posible o dominio das linguas estranxeiras, principalmente o inglés, entre os nosos alumnos que xa no presente o necesitan, pero sobre todo que o van necesitar no futuro", Román Rodríguez, conselleiro de Educación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade