O pequeno comercio de Santiago desafía o mal tempo sacando a mercadoría á rúa
O pequeno comercio de Santiago desafía o mal tempo sacando a mercadoría á rúa
Tendas de moda e complementos do Ensanche tentan impulsar a campaña de primavera cunha xornada de música, agasallos e promocións
A mal tempo boa cara e moito empeño. Así é como decidiron afrontar os comerciantes da zona do ensanche de Santiago a campaña desta primavera que non acaba de arrincar porque o tempo non anima.
Para cambiar a tendencia, malia todo, os comerciantes decidiron "facer un día con sabor a verán", poñendo cor na rúa e animando a clientela a parar dentro e por fóra das tendas.
Amais da decoración, os agasallos e a música, o gran reclamo serán coma sempre os prezos, con rebaixas promocionais de moitos produtos.
Con todo o esforzo que están facendo os arredor de 70 establecementos que participan na campaña agardan que acabe sendo unha xornada ben solleira.