O percebe de Aguiño véndese entre os 50 e os 60 euros en lonxa
O percebe de Aguiño véndese entre os 50 e os 60 euros en lonxa
A confraría asegura que hai máis percebe ca outros anos
O que máis abunda é o pequeno e o mediano
Nas rochas de Aguiño apañan un dos produtos máis cotizados do Nadal. Na confraría están satisfeitos por como está indo a campaña do percebe. Din que hai máis recursos ca outros anos, pero o tamaño non é tan grande. O que máis abunda é o pequeno e o mediano.
"Con respecto a outros anos, estamos vendo que as pedras están dando moito máis de si. Vese máis asentamento de percebe. As zonas que non se tocaron, as pedras protexidas, había anos que non as viamos con tanta vida", asegura o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría,
Na campaña participan arredor de 160 profesionais, que están descargando entre 400 e 500 quilos de percebe por xornada. O prezo medio anda entre os 50 e os 60 euros en lonxa, un prezo que consideran bastante bo.
"Os prezos medios son bastante bos, están ente os 50 e os 60 euros, pero non é o que nós quixéramos, porque outros anos estaban en 70 ou 80 euros", asegura o patrón maior
"A pesar diso non está indo mal. O máis caro anda polos 120 euros o quilo, e o máis barato sobre os 20 euros", explica Manuel Reiriz, presidente da Agrupación de mariscadores de Aguiño.
A campaña do percebe, que comezou a primeiros de novembro, vai continuar ata o mes de xaneiro.