O Plan Vigo Vertical suma 17 escaleiras, ramplas e ascensores en dez anos
Fai dez anos da inauguración das primeiras escaleiras mecánicas públicas da cidade

Fai dez anos da inauguración das primeiras escaleiras mecánicas públicas de Vigo e o plan para combater as costas segue medrando. Esta mesma semana abríronse unhas novas ramplas. Salvan dezaoito metros de desnivel no barrio de Lavadores.
Todo empezou no centro da cidade, coas escaleiras da Porta do Sol. Dez anos despois, Vigo conta con catro escaleiras mecánicas, seis ramplas e sete ascensores, co Halo como insignia. Son xa dezasete aparellos en funcionamento, e están previstos unha ducia máis.
Por aquí subirá o seguinte ascensor, na rúa Romil. O plan Vigo Vertical gastou xa 35 millóns de euros, parte deles fondos europeos, e está previsto investir 45 millóns máis.