O pleno vigués rexeita investigar a contratación de Guns N'Roses
O Goberno de Caballero defende como "impecable" a contratación
PP en BNG ven unha "escándalo" que o alcalde evitase defender a postura do Concello no pleno
O pleno municipal de Vigo tombou a demanda da oposición para investigar a contratación de Guns N'Roses.
BNG e PP solicitaron un pleno extraordinario para debater as presuntas irregularidades no patrocinio do concerto da banda estadounidense, celebrado hai tres meses. Os edís da oposición criticaron a falta de transparencia do alcalde e pediron depurar responsabilidades políticas, mentres que o voceiro socialista, Carlos Font, defendeu a legalidade do concurso.
Os 17 representantes do goberno local rexeitaron as medidas propostas, mentres que os tres concelleiros nacionalistas e os cinco populares votaron a favor da investigación.