Publicador de contidos
Publicador de contidos

O poderoso pivote Ejiofor Onu incorpórase á disciplina do Breogán

O poderoso pivote Ejiofor Onu incorpórase á disciplina do Breogán

Ten 24 anos, mide 2,11 e xogou o ano pasado no Bamberg de Alemaña

G24.gal 28/06/2024 15:21

O Breogán segue dando prioridade á posición de pivote. Logo da continuidade de Sakho e da fichaxe de Apic acaba de incorporar a terceira peza interior. Trátase do xogador dos Estados Unidos Ejiofor -E.J.- Onu. Falamos dun pivote moi poderoso (24 anos, 2,11 metros) que xa ten experiencia no baloncesto europeo logo do seu paso polo Bamberg de Alemaña na última temporada. 

Na súa estrea en Europa Onu acreditou uns números de 8,5 puntos e 3,8 rebotes. Tamén destacou pola súa capacidade de intimidación con 1'2 tapóns por encontro. Formado nos Shawnee State Beards, pasou por equipos de segunda fila no seu país e no Canadá. Disputou unha Liga de Verán cos Dallas Maveriks en 2021 pero ao final non fixeron efectivo o contrato e non puido estrearse na NBA. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos