O Poio Pescamar e o Viaxes Amarelle empatan no derbi en Pontevedra (2-2)
O Poio Pescamar e o Viaxes Amarelle empatan no derbi en Pontevedra (2-2)
O equipo coruñés remontoou o gol de Laura Uña
Luci estableceu o empate final actuando como quinta xogadora de campo
O derbi galego da liga de fútbol sala deste sábado entre o Poio e o Amarelle rematou con empate a dous goles.
As locais marcaron o primeiro. 1-0, gol de Laura Uña cando faltaban catro minutos e medio para chegar ao descanso. Pero, aínda na primeira metade, un saque de banda de Cris Lourés petaba en Sandra Buzón e acababa dentro da súa propia portería.
Na segunda metade, o Viaxes Amarelle aproveitaba un roubo de balón para culminar a remontada. O 1-2 levaba a sinatura da pivote Claudia Lobo, no minuto 26.
A falta de catro minutos e medio, Luis López-Tulla optaba por iniciar os ataques con cinco xogadoras, e Luci conseguiu culminar un destes ataques cun gol desde fóra da área, o 2-2.
O equipo coruñés tivo superioridade numérica no último minuto cando foi expulsada Anna por cortar unha contra, pero as de Jorge Basanta non puideron levar o triunfo. Empate a dous no Pavillón Príncipe Felipe.