Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Polvorín perde contra o Burgos Promesas e queda igualado na última praza

O Polvorín perde contra o Burgos Promesas e queda igualado na última praza

Un gol solitario de Antonio Molina certificou a derrota

O Polvorín ten a salvación a 15 puntos

G24.gal 12/03/2023 19:15

A visita do pechacancelas ao Anxo Carro tampouco serviu para que o Polvorín iniciase a reacción que precisa para sair da súa situación límite. O Burgos Promesas levou os tres puntos e queda igualado a 17 puntos cos lugueses, e tamén co Bergantiños na última praza.

O equipo de Trashorras tardou en entrar no encontro pero, logo dalgunha incursión visitante na área de Brais, foi facéndose co control do xogo e gozando das mellores ocasións. Estas chegaron protagonizadas por Idrissa, especialmente nos últimos minutos da primeira metade, desde a banda esquerda.

Pero, cando mellor parecía que estaba o equipo lugués, chegou o gol de Antonio Molina. Unha conducción do futbolista pola dereita culminouna cun remate desde fóra da área que acabou no fondo da rede. Puido facer algo máis Brais, que non pechou o seu pau.

O Polvorín buscou a reacción, e fíxose o dono do partido no treito final, pero aos seus ataques non tiveron resultado de cara a un marcador que xa non se moveu. 

O filial albivermello queda a 14 puntos do posto de 'play out', ocupado polo Ourense, e a 15 puntos da salvación, que arestora marca o Coruxo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos