Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra avanza á final polo ascenso

O Pontevedra avanza á final polo ascenso

Dous goles de Toño Calvo, un deles no engadido, clasifican os de Yago Iglesias á seguinte rolda

G24.gal 19/05/2024 18:35

Partido a vida ou morte para o Pontevedra, que se encomendaba ao seu feudo para tentar a remonta fronte a unha canteira zaragozana con gana de dar guerra.

O partido comezou cun ritmo altísimo do Pontevedra que en menos de dous minutos xa pisaran en varias ocasións a área rival e apertando moi arriba a saída de balón. Un remate de cabeza de Charly era o primeiro achegamento dos locais pero non atopaba portería. Pouco máis tarde aparecería Pau para, tras unha condución dende o centro do campo, definir cun grande efecto imparable para Edu Sousa. As gañas de vitoria non decaerían o máis mínimo nun Pasarón ateigado. O Pontevedra comezaría a asoballar a área rival con varias xogadas moi claras, pero que non atoparon rematador. Malia todo o Deportivo Aragón tería outra clarísima nun contraataque co mesmo protagonista, Pau Sans, que tivo que sacar o Pontevedra á desesperada na propia liña de gol. As primeiras cambras comezaban a ter lugar entre os xogadores aragoneses e á afección local podía parecerlle que o resultado sería difícil de remontar. Nese punto foi cando apareceu Yelko que tras un gran caneo entraba na área do Deportivo Aragón e poñía o balón onde ninguén chega. O partido íase ao descanso cun empate no marcador pero un Pontevedra que tivera moitas máis ocasións.   

A segunda parte mantería un guión no xogo moi semellante. O Pontevedra xerou ocasións de todas as cores e sabores pero o gol non aparecía e o tempo seguía pasando. Os xogadores do Deportivo Aragón seguían xogando co tempo, o que provocou a fartura de Yago Iglesias que rematou sendo expulsado cun segundo cartón amarelo. A insistencia daría os seus froitos para o Pontevedra e conseguiría o empate no minuto 68 da man de Toño Calvo. Coa eliminatoria empatada os locais non se conformarían, nada máis lonxe da realidade. O Pontevedra seguiu alentado por máis de seis mil persoas nun Pasarón que no minuto 90 caeu cheo de ledicia co gol da vitoria de Toño. Remataba o engadido sen maiores sobresaltos e a festa era total tanto no verde como na grada. 

O Pontevedra xogará a seguinte e definitiva eliminatoria para ascender a Primeira RFEF cun rival que aínda está por coñecer, pero que de seguro terá que visitar Pasarón. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade