Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Pontevedra deixa fuxir dous novos puntos nos últimos minutos

O Pontevedra deixa fuxir dous novos puntos nos últimos minutos

A Arandina empatou no 88 e xogando con dez por expulsión de Sancris

G24.gal 31/03/2024 10:32

O Pontevedra deixou escapar unha oportunidade inmellorable no campo do pechacancelas e, ao igual que hai quince días diante do Raio Cantabria, viu como escapaban dous puntos no intre final. 

Conseguira facer o máis difícil, adiantarse no marcador cun gol de Álex González (minuto 30). No segundo tempo Carlos López tivo unha gran ocasión para marcar o segundo pero o seu remate estrelouse contra o pau. Xusto despois a Arandina quedaba con dez pola expulsión de Sancris. 

No minuto 89 Edu Sousa errou no despexamento dun córner e Gonzalo Serrano meteu a cabeza para empatar. Con este empate tamén hai igualada no máis alto entre o Pontevedra e o Ourense C. F. a falta de cinco xornadas para o final. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade