Cargando resultados...
O Pontevedra súmase á loita polo ascenso directo tras gañar ao Arandina (2-0)
O Pontevedra súmase á loita polo ascenso directo tras gañar ao Arandina (2-0)
A efectividade da primeira parte foi suficiente para que os pontevedreses sacasen os tres puntos
O Pontevedra colócase terceiro, a dous puntos do líder, o Ourense C. F.
G24.gal
19/11/2023 19:55
Ao Pontevedra chegoulle con aproveitar as súas dúas primeiras ocasións do encontro para certificar unha vitoria máis na 2.ª RFEF. Primeiro Rufo, ao aproveitar un rebote cerca da área rival, e logo Yelko cun golazo dende fóra da área puxeron unha diferenza de dous goles antes dos primeiros vinte minutos de xogo.
Os de Yago Iglesias sitúanse terceiros, a só dous puntos do liderado da categoría, tras 11 xornadas sen coñecer a derrota. Pola súa parte, o Arandina queda penúltimo, a cinco puntos da salvación.