O porriñés Iker Rodríguez proclamouse subcampión de España de moto4

Iker remata a campaña con tres triunfos e oito podios

G24.gal 20/11/2023 16:36 Última actualización 20/11/2023 16:41

O galego Iker Rodríguez proclamouse subcampión de España de moto4. Ten só 12 anos e compite con pilotos de máis experiencia. Tivo a oportunidade do título, pero a última carreira en Montmeló foi un carrusel de incidencias. Varias caídas que afectaron ao piloto porriñés, tres saídas por bandeira vermella.

Ao final Iker Rodríguez quedou no segundo lugar dunha proba que gañou o seu compañeiro Andrés García, o campión español.

Iker remata a campaña con tres triunfos e oito podios. É a esperanza da velocidade galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade