Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porriño gaña o primeiro asalto na pista da Sangriña (29-30)

O Porriño gaña o primeiro asalto na pista da Sangriña (29-30)

O equipo porriñés leva un partido moi igualado e colle vantaxe na ida dos cuartos de final da loita polo título na Liga Iberdrola

G24.gal 21/04/2024 14:22

O Conservas Orbe Rubensa Porriño levou o primeiro asalto nos cuartos de final da loita polo título. Na ida, xogada na Sangriña, derrotou por 29-30 ao Mecalia Guardés nun partido no que foi por diante durante a maior parte do partido pero con marcadores moi axustados. 

De feito, no primeiro tempo a meirande vantaxe de calquera dos dous equipos foi dun gol. Os dous equipos coñécense á perfección e iso fixo que se chegase ao descanso cun 15-16. 

Na segunda medade o Porriño marchou de tres goles (17-20) e só a gran actuación da portería local impediu unha diferenza maior. O Guardés aferrouse ao encontro e conseguiu igualar (29-29) xusto antes do último minuto. 

A trinta segundos o equipo visitante forzou un penalti que transformou Paulina Buforn, o factor desequilibrante do partido con doce goles. O Mecalia gozou dun último ataque pero non atinou para lograr o empate. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar