Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Porto de Marín avanza na adscrición dos terreos de Ence á zona portuaria

O Porto de Marín avanza na adscrición dos terreos de Ence á zona portuaria

A autoridade portuaria convocará un consello de administración extraordinario nos próximos días

G24.gal 05/11/2021 14:08

O Porto de Marín convoca un consello para iniciar o proceso para conseguir a adscrición dos terreos de Ence ao porto.

En base ao último ditame do Consello Consultivo de Galicia, que ve viable esta fórmula, o Porto de Marín confía nesta vía para que Ence poida seguir traballando en Lourizán.

A última palabra é do Goberno central, que xa se amosou contrario a esta vía en varias ocasións.

A posibilidade de adscribir os terreos ao Porto de Marín supón unha esperanza para os traballadores que loitan por manter os seus postos de traballo.

En canto a vía xudicial, a empresa está pendente dos recursos de casación presentados ante o Tribunal Supremo logo da sentenza da Audiencia Nacional que anula a prórroga da concesión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade