O PSOE di que o seu plan fiscal protexe a maioría e o PP acúsao de mentir
O PSOE di que o seu plan fiscal protexe a maioría e o PP acúsao de mentir
Elías Bendodo acusa a Pedro Sánchez de estar "podemizándose"
Isabel Rodríguez acusa a Feijóo de favorecer os grandes patrimonios
A rebaixa de impostos segue centrando o debate político. A voceira do Goberno e ministra de Política Territorial, Isabel Rodríguez, afirmou este domingo que o plan fiscal do executivo busca reforzar o estado do benestar e protexer as familias mentres os populares só buscan favorecer os grandes patrimonios.
Desde Sevilla, o coordinador xeral do PP, Elías Bendodo, acusa o goberno de mentir na reforma fiscal e de estar podemizándose.
"O 80 % dos contribuíntes quedan excluídos da rebaixiña, rebaixiña selectiva do IRPF que anunciou Sánchez, por tanto un goberno que mente, ou peor que non sabe sumar, non pode estar nin un minuto máis á fronte de España no peor momento da súa historia (...) o socialismo e Sánchez viven afastados da realidade dos españois, onde vai apúpano".
A voceira do goberno, Isabel Rodríguez, afirma que o modelo socialista busca a xustiza social.
"Feijóo ponse do lado dos bancos e as enerxéticas impedindo o imposto para os beneficios extraordinarios igual que Rajoy lles regalou diñeiro público aos bancos e non protexeu as familias desafiuzadas, son modelos distintos e nós temos claro cal é o noso, que é protexer á maioría".