O PP cre que o PSOE debe dar explicacións polo enfrontamento con Ábalos
O PP cre que o PSOE debe dar explicacións polo enfrontamento con Ábalos
Sumar reclama unha mensaxe clara contra a corrupción
Abascal (VOX) ironiza con que agora o PSOE "podería amnistiar a Koldo"
O Partido Popular cre que o PSOE debe dar explicacións sobre a marcha de Ábalos ao Grupo Mixto.
"É unha decisión que tomou o señor Ábalos, as súas razóns terá. Teremos que ver ata que punto o Partido Socialista apertou para que deixe a acta. Nós somos a oposición e é o Partido Socialista quen ten que dar as explicacións", cre o popular Elías Bendodo.
En Sumar chaman os seus socios de Goberno a arranxaren o enfrontamento.
A voceira adxunta Aina Vidal dixo: "Esta cámara ten que mandar unha mensaxe clara contra a corrupción. Dixémolo moitas veces, tanto nos ten de onde veña, a corrupción é inaceptable".
Vox tirou de ironía.
O presidente de VOX, Santiago Abascal dixo: "Creo que o señor Ábalos (...) podería lograr a amnistía de Koldo a cambio do voto aos presupostos, que é o que se leva na política española e é o que premia o Goberno de Pedro Sánchez".