Cargando resultados...
O PP de Vigo impugna a licitación da iluminación
O PP de Vigo impugna a licitación da iluminación
A subrogación dos postos de traballo da actual concesionaria inclúe a Ramón Comesaña, un condenado por corrupción no caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva
G24.gal
26/05/2022 14:50
O Partido Popular de Vigo impugna a licitación do alumeado da cidade. A subrogación dos postos de traballo da actual concesionaria inclúe a Ramón Comesaña, un dos condenados por corrupción no caso do enchufe da cuñada de Carmela Silva.
"Pedimos que se suspenda a licitación e que se obrigue o Concello a que volva tramitar esta licitación conforme á lei e que non impoña a obrigación de subrogar un condenado por malversación e falsidade documental", dixo o voceiro municipal do PP, Alfonso Marnotes.