O PP e UP ofrecen opcións contrapostas para cambiar a lei do "só si é si"
O PP e UP ofrecen opcións contrapostas para cambiar a lei do "só si é si"
Elías Bendodo asegura que lle ofrecen o voto a Sánchez para modificar a norma pola vía urxente, pero non para "mercadear" con Podemos
Pablo Echenique indica que "non buscan visibilidade" coa reforma desta lei e que seguirán intentando a vía do diálogo co PSOE
Desde o PP, Elías Bendodo reitera que Sánchez pretende modificar a lei do só si é si non porque queira protexer as mulleres, senón porque as enquisas lle van mal. Fala de "sangría" referíndose ás rebaixas de penas e reitera o ofrecemento de votos para cambiala, pero con condicións.
"Ofrecemos a nosa man tendida e os nosos votos para cambiar a lei de forma urxente, pero non para que Sánchez mercadee con Podemos e cos populistas. Non, non, para iso non está o Partido Popular. O Partido Popular é un partido serio que ofrece a man tendida ao Goberno para cambiar esta lei".
O voceiro no Congreso de Unidas Podemos, Pablo Echenique, sinala que o PSOE "lamentablemente" non quere sentar a negociar a reforma da lei con eles. Ofrécelles diálogo aos socialistas para evitar cambios normativos da man do PP e Vox, e insiste en que non buscan protagonismo.
"Nós non estamos buscando visibilidade, se non fariamos públicas un montón de propostas e tamén seriamos nós os que teriamos metido unha lei unilateralmente no Congreso e non fomos nós. Foi o partido socialista".