O PP gañaría as eleccións andaluzas e tería maioría absoluta con Vox, di o CIS
O PP gañaría as eleccións andaluzas e tería maioría absoluta con Vox, di o CIS
O CIS da entre 47 e 49 escanos ao PP en Andalucía
Vox sairía reforzado con e conseguiría entre 17 e 21 escanos
O PSOE obtería entre 32 e 36 parlamentarios
O PP gañaría amplamente as eleccións andaluzas do 19 de xuño con entre 47 e 49 escanos, e acadaría a maioría absoluta en alianza con Vox, que conseguiría entre 17 e 21 parlamentarios, segundo o barómetro do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS).
A enquisa preelectoral do CIS, feita pública hoxe, dá á suma dos partidos de esquerda un máximo de 48 no mellor dos casos, xa que o PSOE obtería entre 32 e 36, Por Andalucía 9 ou 10 e Adelante Andalucía. 2.
A suma de escanos da esquerda queda lonxe dos 55 escanos que marcan a maioría absoluta e que acadarían os populares con Vox. Ciudadanos segue baixando e faríanse con entre 1 e 3 deputados, polo que a suma do PP-CS podería quedar a tres da maioría absoluta, segundo o CIS.
Esta é a primeira enquisa que dá a un partido a posibilidade de entrar na Cámara cun un escano a un partido provincial como é Jaén Merece Más.